Son tan circulares os nosos pensamentos... tan circulares as nosas decisions.... sempre estan dando voltas, voltas e mais voltas, ata que decides unha saida, que non sempre é a correcta pois decidas o que decidas, cando te des conta xa estas lonxe, lonxe do teu punto de inicio e non podes voltar atrás, só tentar emendalo. Decisións que marcan o rumbo da tua viaxe neste mundo, as paradas que vas facer, con quen te vas topar e a onde vas a parar... decisions que se basan en escoller unha direccion, basandote en axudas ou decidindo por ti mesmo; a ultima opcion, é a que eu recomendo, pois tan só ti eres o conductor da tua vida, e tan só ti podes tomar as decisions mais apropiadas, pois se te trabucas, sempre teras algunha ocasion próxima para virar o teu rumbo, sabendo cal foi a equivocada nun pasado.