Nacemos sen saber o que queremos, imos aprendendo a base das experiencias, experiencias que nos axudan a vivir no mundo, a averiguar o que nos gusta e nos disgusta, o que queremos e o que rexeitamos, pero o problema atopase cando a experiencia te confunde, pois o ser humano é un ser racional cultural e socialmente falando, pero psicoloxicamente, somos mais irracionais ca propia natureza en estado de caos.
Esta irracionalidade é a que nos conduce a ter erros, erros, que forman parte da nosa experiencia e estarán ahí, a pesares de ser erros, e a nosa irracionalidade natural levaranos a reincidir sobre estos, pois deles, tamen se aprende como parte da experiencia e son nucleo básico da aprendizaxe.
Agora mesmo, esta actuando a miña irracionalidade impulsándome a escribir isto, aparentemente unas liñas sen coherencia, unha redacción das ideas desordeadas dun cerebro cansado de vivir unha vida en busca de experiencias nova, e polo tanto, aborrecido de cometer sempre os mesmos erros. Din que tropezamos 2 veces ca mesma pedra, eu indico que o camino esta cheo de pedras, e tropezamos con pedras similares, pero como nos lanzamos o camino da vida non sabemos apreciar ese matiz diferenciador.
Vivimos ca esperanza de que todo cambie no futuro, un futuro que chega dia tras dia, ata que finalmente todo cambia.
Eres sorprendido pola morte, e daste conta que erraches na gran experiencia, que é a vida, pois estiveches agardando que o futuro cambiase, pero nunca tentaches mellora-lo presente para embelecer ese futuro próximo que se atopa no dia de maña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario